As teclas de Oltra

27 Nov

Parece que Oltra comeza a dar coa tecla aquela que buscaba. E estaba na casa. A inclusión de Juan Domínguez dálle ao Deportivo máis balón, máis control e máis fluidez no mediocampo. Certo que lle resta solidez, pero non hai mellor defensa que gardar a pelota o maior tempo posible, e aí o canteirán é especialista.

Porque ante o Almería o Deportivo xogou un partido completo. Certo é que non creou tanto perigo como noutros encontros, pero a cuestión é que tampouco llo crearon. De que vale ter cinco ocasións claras se o rival crea outras tantas? Nada como ter o balón e sacalo con acerto. E aí, Zé Castro non ten rival no plantel coruñés. Ten criterio e o venres permitiuse pases de 50 metros que había meses que non aparecían por Riazor.

Pero Zé Castro equivocouse. Marchou por onde non debía e tocoulle a tecla mala a Oltra, que tamén se trabucou. Que un adestrador teña que ser calmado polo preparador físico, o seu segundo e algún futbolista non é unha imaxe edificante. O erro do defensa portugués non semellaba tan grave como para que o adestrador valenciano quedase en evidencia desa maneira. Alporizado, berrando e dando golpes ao banco. Incomprensible, a non ser que se decatase naquel momento que a decisión de prescindir de Rochela e a enésima (e case agardada) lesión do zagueiro luso lle obrigaba a improvisar con Manuel Pablo de central.

Advertisements

Unha resposta to “As teclas de Oltra”

  1. Carlos 28 de Novembro de 2011 ás 14:22 #

    Oltra ten que saber templarse. Demostrouse que Zé é moi necesario neste equipo onde temos tres centrais do mesmo corte e só o portugués con claridade para a saída de balón. O mister faría ben en tragar un pouco e darlle minutos a ver se o recuperamos.

    Creo que está demostrado que con el os paus non funcionan e Oltra terá que probar coa cenoria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: