Arranxemos o derbi

15 Nov

Disque non houbo grandes disturbios, pero o que non houbo foi puntería. As botellas non deron atinado nalgunha cabeza nin no condutor dun bus. Os asentos tampouco bateron con forza nos rapaces da bancada de abaixo. O que houbo foi, unha vez máis, estúpidos cometendo estupideces. Estupideces que son un delito.

E non hai desculpa. Só nos arrepentiremos cando a puntería mellore. Daquela botaremos as mans á cabeza e lembraremos que noutros derbis a xente comparte tapas e cañas e só discute verbalmente, vacilando, con inxenio. Coa retranca que uns e outros amosaron con algunha pancarta. Porque saben facelo, saben facer rabear ao veciño sen ameazalo, empregando o humor, sendo agudos… Pero non queren.

E moitos non queren porque ninguén lles di que iso é o mellor. Políticos localistas aproveitáronse ben do fútbol hai anos. Agora futbolistas e directivos seguen o seu ronsel, sacando a lingua a pacer ou impedindo escenas de cordialidade entre os equipos. Pero son minoría, como os estúpidos que houbo en Riazor. A maioría sente a rivalidade, pero que celtista non ten amigos deportivistas? Que deportivista non ten amigos celtistas? Por que non poden ir xuntos ao estadio?

Arranxemos o derbi. E se os afeccionados (sensatos) dun e doutro equipo toman a iniciativa? Non poden facer máis as federacións de peñas? Imaxínense unha quedada de celtistas e deportivistas na previa do vindeiro derbi. Nunha praza, todos xuntos, mesturados, sen problemas … A quen lle tirarían pedras os imbéciles? Daquela si que terían que ter puntería. Demasiada.

Advertisements

4 Respostas to “Arranxemos o derbi”

  1. Lois 15 de Novembro de 2011 ás 23:37 #

    Pois eu fun con 3 amigos do Celta a ver o partido na zona de Marathon Superior e non houbo ningún problema

    • Lois 15 de Novembro de 2011 ás 23:37 #

      E eu son do Depor

    • depunteirolo 16 de Novembro de 2011 ás 01:17 #

      Tiveches sorte. Eu sei de celtistas que non se atreveron a ir e sei de deportivistas que xa dixeron que non volvían a Vigo a ver un partido hai anos, cando desde algún piso lles tiraron macetas e botellas. É así de triste. Graciñas!

  2. Juanchi 16 de Novembro de 2011 ás 00:33 #

    Canta razón tes Miguel.. eu vin o partido na tribuna inferior.. había unha familia de celtistas.. o pai con dous fillos que habían de ter un seis anos e outro 13 ou 14.. cando marcou o Celta un estúpido botoulles unha cervexa por riba e chamoulles ‘putos portugueses’ (un minuto despois, por certo, de animar a Salomao que digo eu tamén será outro ‘puto portugués’) Foi do máis lamentable que vin en moito tempo.. en fin.. a ver se cambiamos e aprendemos.. e sobre todo como dis a ver se os directivos, os xogadores, as federacións de peñas, os políticos e os medios se comportan con máis responsabilidade.. unha aperta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: