A Galicia futbolística e provinciana

11 Xan

Galicia é especial, tamén no fútbol. Os asistentes ao último Deportivo-Barcelona en Riazor experimentaron de novo o patético espectáculo de ver a milleiros de galegos e coruñeses celebrar con paixón os goles contra o equipo da súa terra. Pasou no estadio herculino como pasou moitas outras veces en Balaídos, onde madridistas e culés -galegos e vigueses tamén- adoitan recibir con paixón equipos con sede a máis de 500 quilómetros.

Argumentan merengues e barcelonistas que moitos deportivistas subiron ao carro do éxito co Superdépor e que outros tantos celestes abrazaron a fe celtiña cos partidazos europeos. Eses mesmos que ben seguro non perderon a ocasión de unirse á festa dos títulos coruñeses ou dos triunfos olívicos. Todo sexa pola xolda.

Supoñemos tamén que eles non se subirían ao carro do Barcelona e do Madrid por ser os que case sempre gañan. Ou si? Postos a elixir equipos fóra, hai unha morea de opcións, desde o Atlético ou o Espanyol, pasando polo Betis, o Osasuna ou o Polideportivo Ejido. Pero non, dáse a casualidade de que a maioría de galegos seguen a ser madridistas e barcelonistas.

Nestes detalles tamén se nota como é o país. Nin culés nin merengues son maioría nun País Vasco onde o Athletic e a Real triunfan sen discusión. Tampouco en Catalunya, onde o orgullo de ser catalán vai unido a ser do Barça, pero tamén a resistir á maioría blaugrana animando ao Espanyol. Tampouco, se me apuran, en Asturias, onde os afeccionados rivalizan entre Sporting e Oviedo. Algo terán que ver os clubs galegos, claro, pero botar culpas fóra é especialidade nesta terra… E apuntarse ao cabalo gañador tamén.

Ninguén dubida que calquera pode ter unha preferencia entre Barcelona e Madrid, basicamente porque son dous modelos tan antagónicos que obrigan a decantarse. Pero unha cousa é iso e outra é preferir calquera deles por riba dos teus. Iso si, cando os galegos gañen de novo, poden volver sacar as súas camisetas do armario. Á festa que non falte ninguén.

O caso é que non se salvan nin os que desbordan galeguismo pola boca. Son moitos os que renegan do centralismo político-cultural para entregarse ao centralismo futboleiro máis uniforme. Disque os equipos non se elixen, pero seica os complexos tampouco. En Galicia presumimos da paisaxe que destruímos e da lingua que atacamos. No fútbol, tamén. Así nos vai neste país. Un país provinciano.

Advertisements

8 Respostas to “A Galicia futbolística e provinciana”

  1. FutbolConPropiedad 11 de Xaneiro de 2011 ás 13:10 #

    Eu creo que cada un ten dereito a ser do equipo que queira, pero o que sí que me parece triste é que a mesma xente que era dos que no 2000 eran do Depor a morte vaian agora cosa seus fillos a Riazor a animar o Barça. Non vexo mal que alguén que naceu co sentimento culé vaia a ver ao seu equipo (aínda que me entristeceu moitísimo estar presente en Riazor e ver o que vin na grada), pero o que é inaceptable e que deste tipo de xente coñezo poucos, son moitísimos mais abundantes os ‘deportivistas’ cambiachaquetas, e isto si que me parece algo incrible

    • Miguel Pardo 17 de Xaneiro de 2011 ás 20:33 #

      Graciñas polo comentario. Desde logo que cada un ten dereito a ser do equipo que queira, pero aquí só reflectimos unha realidade: en Euskadi a maioría son do Athletic, en Cataluña do Barça e en Asturias, do Sporting ou do Oviedo, xa sexan de Cangas de Onís ou de Llanes. Algo falla.

  2. JuanHernan 11 de Xaneiro de 2011 ás 13:42 #

    Xa vos chega. Aproveitando o artigo aparecido en Riazor.org. incluso me atrevo a decir que calcando só que cambiando as palabras. Hai que ser máis orixinais ou polo menos citar a quen ou quenes fixeron o artigo orixinal. Sinceramente, pareceme moi pouco ético pola vosa parte.

    http://www.riazor.org/ponga-un-equipo-grande-en-su-vida-1014393

    • Miguel Pardo 17 de Xaneiro de 2011 ás 20:31 #

      O artigo estaba pensado e case rematado antes de que o autor lera o de Riazor.org co que, á marxe de todo, estamos de acordo.

    • Miguel Pardo 17 de Xaneiro de 2011 ás 20:37 #

      Respecto aos galegos no Deportivo, evidentemente sería desexable ter máis ou moitos máis, ao igual que case non xogaban galegos no Celta cando pasou as súas mellores épocas. De todos os xeitos, estou esperando que algún madridista se queixe porque non hai apenas madrileños nin españois no equipo.
      Graciñas!

  3. Galego 12 de Xaneiro de 2011 ás 10:29 #

    Non podería estar máis en desacordo. Vexo tres grandes problemas nestas verbas. O primeiro, coma case sempre, o de mestura de política con deporte. ¿Cándo deixará a xente de identificar ideoloxías políticas ou sentimentos nacionalistas con clubes deportivos PRIVADOS? Non se pode olvidar que o fin último destes clubes é o de facer diñeiro, non o de defender unha bandeira (que non sexa o escudo do club, claro). O segundo, non todos os galegos son de Coruña ou de Vigo. Se unha persoa debe estar identificada con un club, debería ser co da súa cidade, non con unha que está a 200 Km. E o terceiro, sobre todo facendo referencia ó Deportivo: ¿cántos xogadores galegos xogan neste equipo? Nada máis que decir.

Trackbacks/Pingbacks

  1. Tweets that mention De punteirolo » Blog Archive » A Galicia futbolística e provinciana -- Topsy.com - 11 de Xaneiro de 2011

    […] This post was mentioned on Twitter by Nicolás Mayo. Nicolás Mayo said: RT @xornal_com: A Galicia futbolística e provinciana http://dlvr.it/D5xQh #Blog #Bitácora […]

  2. De punteirolo » Blog Archive » O Madrid recolle o que sementa - 28 de Febreiro de 2011

    […] seus, os visitantes por suposto. A maioría destes seareiros brancos eran galegos. Pero ese tema é recorrente. Ségueme parecendo un síntoma da realidade (triste) dun país. Desta vez, non se lles escoitou […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: