Xavi ou Iniesta? Xavi, sen dúbida

3 Xan

A poucos días para que se decida o nome do gañador do Balón de Ouro, as quinielas dan a Andrés Iniesta como claro favorito. Por unha vez (e obviando as patéticas formas de sempre deste adestrador) estou de acordo con Mourinho. Iniesta non o merece. Certo que é un xogador excepcional e que fixo un Mundial brillante, pero se o trofeo pretende premiar o labor durante todo un ano, o de Albacete debería quedar eliminado por simple matemática. Perdeu moitos partidos por lesión e tardou meses en recuperar o seu mellor nivel.

Como ben di Cruyff neste artigo, ninguén dubidaría que por calidade individual Messi é o mellor xogador do mundo, pero se se trata de premiar un ano e incluso unha traxectoria, ninguén mellor que Xavi para bañarse de ouro. Porque el é o que marca o ritmo, o que dirixe a orquestra, o que permite que o baile do Barça semelle un espectáculo inimitable… É agora ou nunca para o de Terrassa. Messi e Iniesta teñen anos por diante para seguir acumulando premios.

Aínda así, todo parece cantado. Lembren que Cannavaro recibiu un Balón de Ouro case exclusivamente polo seu rendemento no Mundial de 2006. Xavi, que xa é o xogador con máis partidos no Barcelona, non marcou o gol na final de Suráfrica, pero nesa mesma xogada -e a catro minutos do final da prórroga- deu o seu último pase co tacón. Con elegancia. Co seu estilo.

Advertisements

Unha resposta to “Xavi ou Iniesta? Xavi, sen dúbida”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Tweets that mention De punteirolo » Blog Archive » Xavi ou Iniesta? Xavi, sen dúbida -- Topsy.com - 3 de Xaneiro de 2011

    […] This post was mentioned on Twitter by Marcos Garcia, Xornal de Galicia. Xornal de Galicia said: Xavi ou Iniesta? Xavi, sen dúbida http://dlvr.it/Cbdz9 #Blog #Bitácora […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: