Arquivo | Maio, 2010

No Celta están de coña, non?

30 Mai

Eu creo que teñen que estar de broma, porque, se non, non se entende o que pasou en Murcia. É que os de Eusebio fixeron a viaxe só para tomar o sol na Manga do Mar Menor? Ou é que xa teñen o peito tan enchido porque se cren salvados? Pois meus queridos, lamento ser eu quen vos esperte do voso soño, pero resulta que non estades para nada salvados. É máis, estades a catro puntos do descenso. É máis, quedan nove por desputar, e, enriba, contra equipos que tamén andan pola mesma zona. A ver se tanta felicidade se vai converter agora a última hora nunha desgraza…

Sinalaban na radio, durante o partido, que A Condomina, malia que o Murcia se xogaba a salvación, estaba medio baleira. A primeira reacción foi a de que “menuda afección, que non apoia nos malos momentos”. Despois do primeiro gol, o pensamento era outro: “A verdade é que pouco merecen”. Pouco merece o Celta, cando se mostra como en terras murcianas, que xente de Burela percorra Galicia enteira para ver o partido, que en época de crise haxa quen pague 300 euros por un abono, que se sigan a vender camisetas celestes, que se fagan 900 quilómetros para ver o partido e animar. Pouco, moi pouco, merecen.

Noela Rey Méndez

Advertisements

O Sevilla leva a Copa (sen) Rei

20 Mai

“Cuentan las lenguas antiguas…” que no inicio do século XXI coñecimos un equipo que da nada fixo un todo. Chamábanlle Sevilla e levaba por bandeira a súa canteira, cheiña de pequechos (nunca mellor dito, porque de tamaño físico non ían sobrados) capaces de volver tola ata a defensa máis propia do catenaccio. O Sevilla ten xa un título máis, unha Copa do Rei (por certo, a primeira sen rei, que aínda está de “baixa”) que pon o colofón perfecto a unha temporada con luces e sombras que rematou co equipo metido en Champions despois de botar a Manolo Jiménez do seu banco.

O canalla Atlético de Madrid campión da Europa League (anteriormente coñecida como UEFA) non puido cos dous puñais sevillistas. O maniscoto Capel comezou a receita no inicio do choque e o destro Navas puxo a guinda do pastel no desconto. Desta vez, Forlán non foi quen de converterse no heroe da tableta de chocolate e quedou en segundo plano, superado pola rabia sevillista, esa que sabe enervar o seu presidente Del Nido, tan polémico e ególatra, como efectivo á hora de elevar os ánimos. “Familia roja y blanca del Sánchez Pizjuán, un corazón que late gritando ¡Sevilla!, llevándolo en volandas por siempre a ganar. Y es por eso que hoy vengo a verte, sevillista seré hasta la muerte. La Giralda presume orgullosa de ver al Sevilla en el Sánchez Pizjuán”.

O mellor equipo, a peor Liga

17 Mai

Acaba a Liga e hai quen volve repetir que o Barcelona conquistou o mellor campionato da historia. Por puntos, por competitividade… Por nada. A diferenza de puntos entre o primeiro e o terceiro supera á que hai na flamante Liga escocesa, a emoción viviuse ata o final, pero hai sete meses que sabemos que só o Barça e o Madrid poden ser campións. Esta Liga acaba de coroar o mellor equipo, un conxunto que vai camiño de facer historia, pero acaba de confirmar tamén que, se non se amaña, acabará converténdose no campionato máis aburrido do mundo. Mentres a prensa de Barcelona e Madrid teiman en facer da ‘súa’ Liga a mellor, hai quen xa lles recorda que a súa superioridade pode arruinar o resto. Florentino volverá con 300 millóns para encher de xogadores un plantel que non é un equipo. E o verdadeiro equipo fará algún retoque para continuar amosando o seu enorme nivel. O resto, comerán migallas, sobrevivirán como poidan e acabaranse salvando, como este ano, con 37 puntos. Unha Liga espectacular.

¡Vivan los canallas!

13 Mai

Y el Atlético ganó. El ‘Pupas’ dejó de serlo, por lo menos por un día, para volver al “cielo” que cantaba Sabina en ese irrepetible himno del centenario colchonero. Cantaba Joaquín a su equipo, que es el de muchos madrileños de adopción y el de tantos capitalinos castizos. Es Sabina atlético como lo es Rosendo, Robe Iniesta (Extremoduro), Josele Santiago… “Canallas”, que decía el cantautor de Jaén, en contraposición a los “señores” madridistas que ni quisieron ni desean ser. Canallas que ahora podrán explicar a sus hijos por qué son del Atleti y por qué merece la pena esperar. “Ni perdemos los papeles, ni cambio por mi Neptuno tu pasarela Cibeles”, responden en su canción los que por fin pueden gritar que, además de por su afición, también son grandes por un título.

Canteiráns si

5 Mai

A irrupción de Rochela nestes últimos partidos do Deportivo volve facer agromar o debate sobre a conveniencia de apostar decididamente por canteiráns coma el ou cedelos a outro equipo para que se fogueen. Que queden.

Ninguén mellor que Lotina e os responsables do fútbol base deportivista saben das cualidades dos Rochela, Juan Domínguez, Añón ou Raúl. As prestacións destes xogadores -sobre todo dos dous primeiros- foron louvadas por técnicos e afección. O central acumula partidos en seleccións inferiores e o mediapunta leva xa unha chea de minutos en Primeira.

Hai quen aposta agora por prestalos a un equipo de Segunda para que gocen alí dos minutos que, presumiblemente, non van ter aquí. Para que? Alguén nos asegura que serán titulares indiscutibles ou pasaralles como a Álex Bergantiños, que pasou de xogalo todo a non contar nunha mesma tempada? Sabía alguén quen eran Busquets e Pedro antes de que Guardiola apostase por eles? Non compartiu Rochela equipo ou xeración con Bojan, Fran Mérida, De Gea ou Ander Herrera, habituais en Primeira? E o que é máis importante: de verdade Rochela, Domínguez ou incluso Añón van achegar menos a este equipo do que o fixeron Cristian, Zé Castro, Bodipo ou Mista?

Os da casa teñen que facer sempre o dobre para que lles dean a metade. Ninguén pide que sexan titulares nin indiscutibles, pero si que polo menos teñan as mesmas oportunidades e o mesmo tempo de adaptación do que gozaron outros coa mesma inexperiencia.

por Vicente Lasarte