Arquivo | Abril, 2010

Que consideran compromiso no Celta?

27 Abr

Vergoña, bochorno, deshonra… Acábanseme os adxectivos para definir o que a imaxe do Celta en Villarreal reflectiu. E xa non é só porque vira como un compañeiro se botaba enriba doutro, desesperado porque un equipo con dez lle metía un gol no último treito do encontro. Máis porque vin como un adestrador permanecía impasible mentres isto sucedía. Como se unha gaivota baixara de súpeto e se metera no partido. Nada… Eusebio estaba como ausente. Despois, en rolda de prensa, sinalou que o que non estivera comprometido co proxecto sairía do equipo (golpe directo á cara de Trashorras que evitara por pouco Yoel).

E eu pregúntome: que compromiso quere Eusebio? O dun equipo que non mete gol nin sen porteiro? O dos once que non son capaces de superar dez (ou nove) contrarios? O dos que van polo campo como se foran de paseo, mentres os contrarios corren? Ou os que prefiren complicar a vida (e a permanencia) por pura deixadez? Non serei eu a que comprenda e comparta a acción de Yoel contra Trashorras, pero unha cousa está clara, se os seus compañeiros (incluído o de Rábade) tiveran corrido tanto como o meta celeste, seguro que ese balón en profundidade non acababa en gol.

A cuestión agora é se Eusebio é quen de controlar o seu propio vestiario ou non. O bo carácter e a comprensión do de La Seca pode estar ben para unhas cousas, pero para meter en vereda un equipo en época de vacas fracas, parece que non. Alguén vai ter que dar un golpe na mesa (ademais de moitas explicacións), porque se non, a cousa vai estar moi clariña: descenso a Segunda B e desaparición. Eles superarano, escapando a outros equipos como as ratas nun barco que vai a pique, pero o club quedará aí, afundido como os galeóns holandeses baixo a ponte de Rande.

O partido contra o Cádiz podería ser a última oportunidade para dar a cara. Xa non vale con pedir a Balaídos que sexa o xogador número doce. A afección bastante fai con aguantar o temporal. Agora tócalles a eles poñer un pouco da súa parte.

Noela Rey Méndez

Devuélvannos la Liga

26 Abr

Dicen muchos de esos expertos que pululan en las tertulias futbolísticas que esta Liga pasará a los anales de la historia gane quien gane. Será “impresionante” porque Barcelona o Real Madrid batirán récord de puntos y alcanzarán así la leyenda, el mito y un lugar en la historia. Hay también algunos, aunque escasos y escondidos, que creen totalmente lo contrario, pero eso no interesa entre la prensa madrileña o catalana.

Sin duda, concuerdo con estos últimos. Que un equipo como el Barça -que ha ganado los dos partidos al Madrid, que ha mostrado su superioridad con creces y que sólo ha perdido un encuentro en toda la competición- pueda quedarse sin título sólo puede significar dos cosas: “que el fútbol es así”, lo cual no tiene nada de científico ni lógico, o que la precariedad de los 18 equipos restantes permiten a un equipo con calidad y gol como el Real Madrid seguir sin problemas la estela de su máximo contrincante, aunque éste sea mejor. Le llega porque nadie le hace frente.

Y así, entre goleadas y partidos aburridos, transcurre una Liga que vacía los estadios de los equipos pequeños y convierte cada duelo entre gigantes en el encuentro del año, década, siglo y milenio a la vez. Como la aburrida competición escocesa, como el Rangers y el Celtic.

Una ayuda para intentar paliar un poco esta desigualdad estaría, dicen los clubs modestos, en negociar en bloque los contratos televisivos, permitiendo así un menor desequilibrio económico y una mayor competencia entre los equipos. Pero ni Barça ni Madrid quieren, así que todo seguirá igual y los medios continuarán alabando el potencial de una competición cada vez más devaluada.

Quizás los que ahora alaban esta Liga sigan también despreciando aquella que conquistó el Deportivo hace diez años con unos ‘míseros’ 69 puntos. Cierto, un escaso bagaje en una competición en la que el segundo clasificado fue semifinalista de Champions, el tercero subcampeón de Europa y el quinto, el flamante Madrid de la octava. Miren, comparen… Pero devuélvannos la Liga.

por Vicente Lasarte

Samaranch, 1992

21 Abr

Tiña eu oito anos cando din conta por primeira vez de Juan Antonio Samaranch. Foi nos Xogos Olímpicos de Barcelona’92. Con mirada inocente vin un home, xa entrado en anos, sorrir con satisfacción dende o palco do Estadio Olímpico, mentres a Infanta Elena choraba a moco tendido mentres miraba a seu irmán Felipe abandeirar a expedición española que tivo naquel mes de agosto a mellor actuación que se lle recorda. Anos máis tarde souben que fora Samaranch o gran artífice daquelas Olimpiadas, o que conseguiu que Barcelona se coronase como unha gran cidade moderna e deportiva, da que aínda quedan vestixios ao pé de Montjuïc. Samaranch morreu sen poder dar a Madrid unha oportunidade como aquela de acoller uns Xogos Olímpicos. Dúas veces tentou meter baza, pero primeiro Londres e logo Río de Janeiro deixárono sen esa ilusión. E iso que o propio Samaranch pediuno como último desexo o pasado verán antes da elección da cidade brasileña. Pero nin caso lle fixeron. No seu haber, ademais do impulso final para modernizar os Xogos, quedará sempre a memoria de Barcelona’92.

Noela Rey Méndez

O día da marmota do fútbol galego

19 Abr

Por Vicente Lasarte

Se gañar a quiniela dependese só de Celta e Deportivo, a cousa estaríache ben fácil: apostar por empate ou derrota. E é que nos últimos meses non che anda o fútbol galego para moitas alegrías. Viven no día da marmota, ou, neste caso, na xornada da marmota. Chega unha nova fin de semana e repítese a historia, empatar ou perder, non hai máis.

O Deportivo está a agotar a marchas forzadas as súas opcións de meterse en competicións europeas e o Celta está a xogar co lume do descenso máis do que sería apropiado. A ver se a astenia primaveral abandona dunha vez A Coruña e Vigo, porque, se non, a cousa vai estar moi fastidiada…