Arquivo | Marzo, 2010

Catro eran catro

31 Mar

Chámanse Juan Domínguez, Denís, Hugo Mallo e Joselu, son galegos e están entre os mellores xogadores mozos de España. Así o pensan os expertos encargados de elexir cada ano entre todos os rapaces que van chegando á elite (ou cerca) os que poderían ser ídolos do futuro. “Definido el Draft 77, puro talento y calidad”, titula a web do galardón. E entre estes talentosos futbolistas están os nosos rapaces, catro pequenas xoias da coroa que, ben pulidas, poderían converterse nas pezas estrela de calquera tesouro. Unha mostra máis de que apostar pola xente da terra non é facelo a cabalo perdedor, senón todo o contrario. Non son os primeiros que acadan este recoñecemento e estou por poñer a man no lume sen medo a queimarme e dicir que non serán o último. Nin moito menos.

Advertisements

Messi ou Maradona?

22 Mar

Partamos da base de que o que aquí escribe considera a Messi, sen dúbida, o mellor xogador do mundo e, posiblemente, estea situado xa entre os máis importantes da historia. Partamos da base tamén de que o que fai este rapaz nas últimas semanas é o máis parecido á superioridade que amosaba Maradona nos seus mellores anos en Europa. E engadamos que Leo ten aínda anos por diante para engrandecer un palmarés e un repertorio de marabillas futbolísticas que xa é impresionante.

Pero Maradona é Maradona e a vida persoal de Diego Armando non debería facernos esquecer o papel que o agora seleccionador arxentino exerceu no fútbol mundial na década dos 80 e principios dos 90. Porque certo é que Messi soluciona os partidos en solitario, pero tamén o é que está afeito a xogar rodeado de excelentes futbolistas no Barcelona e incluso na selección arxentina. Maradona, no entanto, gañou un Mundial acompañado de Batista, Giusti, Brown, Cuciuffo, Héctor Enrique, Jorge Valdano ou Burruchaga e fixo campión de case todo a un club -o Nápoles- que ata daquela era un ninguén no fútbol italiano. Diego é insuperable.

O que tamén é certo é que en modais, deportividade e modestia, Messi é moi superior, tanto a Maradona como a algúns que se proclaman os mellores pero que nunca serían capaces de ceder un penalti a un compañeiro, aínda que anotar o gol supuxese sumar catro nun partido e situarse como o máximo anotador de Europa.

Ganar para no aburrirse

22 Mar

Viaja el Dépor a Gijón. Tras el ridículo firmado por la escuadra herculina el pasado sábado ante el Valladolid, el duelo ante el Sporting se presenta como la oportunidad idónea para hacer olvidar una derrota tan dolorosa para la afición, sobre todo, por las formas. Porque un equipo que quiere estar en Europa no puede saltar al terreno de juego con la actitud mostrada por los chicos de Lotina. Porque se puede perder ante el Valladolid, pero no así. Sin embargo, en el fútbol los tópicos casi siempre son verdad, y en este caso, se aplica ese de que el deporte rey es un estado de ánimo. Si se gana en Gijón, les aseguro que ninguno de los aficionados que silbó al equipo en Riazor se acordará de lo sucedido.

La semana concluirá para el Dépor con el duelo ante el Getafe. Si el equipo blanquiazul no es capaz de sacar adelante sus dos próximos compromisos, ante rivales de ‘su Liga’, corre el riesgo de quedarse sin objetivos hasta final de temporada, pues entrar en Europa podría ser misión imposible, y por suerte, la permanencia está conseguida. ¿Se imaginan 10 jornadas, casi un tercio del campeonato, sin una meta por la que luchar, sin ilusión a la que aferrarse? Sería tan aburrido como injusto para los aficionados. Por eso tiene que ganar esta semana el Dépor. Para que no se aburran ni los jugadores ni sus seguidores. Porque el fútbol, como bien dice el tópico, es un estado de ánimo.

Omar Bello

Trashorras, no es una persona cualquiera

22 Mar

“Maradona no es una persona cualquiera
es un hombre pegado a una pelota de cuero
tiene el don celestial
de tratar muy bien al balón”

Así homenajea Andrés Calamaro al gran Maradona en una canción. Trashorras no es Maradona (creo que tampoco intenta serlo), pero en el vestuario celeste, como si lo fuera. Si él está ávido de fútbol, si tiene el día inspirado, todo es mucho más fácil en Casa Celta. Los balones pasan por sus pies y el fútbol fluye. Los centros le llegan y él los convierte en goles (muy decisivos, por cierto). Pero claro, dependemos de que Trashorras se nos inspire. En cuanto se enfada con el balón, malo. Pero, por suerte, últimamente tenemos un Trashorras feliz y contento y, por eso, el Celta ha conseguido apartarse ya 7 puntos del descenso, despues de sumar 7 puntos de los últimos 9. Así las cosas, brindemos por un Trashorras en estado de gracia por mucho tiempo.

Vicente Lasarte

Un Barça ao asalto da Champions (no Bernabéu)

18 Mar

Pois, ao final, só queda un equipo español na Champions League: o Barcelona. Superou sen problemas o Stuttgart e segue o seu camiño cara o Bernabéu. Vai tomando forma o pesadelo de todo afeccionado merengue, ver como o máximo rival levanta a Copa de Europa no medio e medio do imperio madridista. Pero é que se todo sigue así, este pesadelo vai tomar forma de realidade, xa que, os de Guardiola téñenlle tomada a medida ás grandes citas. Malia que agora observan dende abaixo ao máximo rival no campionato ligueiro, os culés non sufriron síndrome de abstinencia do liderado e continúan coa súa andaina cara gañar un título. Porque está claro que non gañarán os seis do ano pasado, pero de seguro que un, cando menos, cae.

Vicente Lasarte

Un artista sen museo

16 Mar

Dicía o noso compañeiro Omar Bello, na súa última crónica do Deportivo, que Adrián “es un chico al que le encantan los focos, los estadios llenos, los rivales grandes y los partidos televisados; nada que ver con los partidos de los domingos a las cinco de la tarde”. Certo. Este dianteiro asturiano ten unha teima especial en facer de cada xogada unha obra de arte. No seu debut co equipo coruñés regateou cun ‘caño’ na súa primeira xogada, e da súa primeira tempada como branquiazul o único que se lembra é o un golazo no Nou Camp. Así é un rapaz que o pasado domingo debeu tocar o balón tantas veces co tacón como coa parte frontal do pé. Na súa man agora está elixir se quere seguir pintando garabatos cada xornada ata que atope a súa obra de arte nos grandes museos, ou se prefire expoñer cada día en pequenas galerías e converterse así nun protagonista diario.

por Vicente Lasarte

La odisea del Obradoiro

15 Mar

El Xacobeo Obradoiro superó el pasado domingo al Lagun Aro de San Sebastián con solo ocho jugadores. Con la inspiración de un siempre peligroso Kostas Vasileiadis, el equipo dominó siempre el ritmo del partido. En el tercer cuarto, dos fantásticos jugadores de equipo como Alfonso Sánchez y Tuky Bulfoni mantuvieron la victoria a buen recaudo, a pesar de los intentos de la formación donostiarra entrenada por Pablo Laso.

Las dudas llegaron de nuevo de los dos norteamericanos del Obradoiro, Massey y Terry, que parece que hacen la guerra por su cuenta y se borran de los partidos si su aportación no es significativa. Al final, octava victoria del equipo compostelano, que sigue soñando con la permanencia tras una primera vuelta espectacular.

Al margen del resultado de ayer, hay que destacar de nuevo la entrega del público, consciente además de que la enfermería está llena desde el comienzo de la temporada. Lástima que la estabilidad interna del club haya pasado a mejor vida.

Pablo G. Quintas